A Fundación Arume presenta este luns primeiros resultados e folla de ruta para a mellora xenética das coníferas galegas
Unha xornada na Cidade da Cultura (sala de eventos do Edificio Fontán) fará balance do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a propia Fundación, encamiñado á obtención de plantas de piñeiro melloradas