LIÑAS ESTRATÉXICAS

Traballamos en catro áreas crave para impulsar a bioeconomía a partir da madeira de  conífera: un recurso forestal, local e sostible.

Formación

Existe unha clave para mellorar a calidade, a competitividade e a produtividade do sector forestal galego: a formación. Non hai dúbida. Un traballador ben formado é eficaz, competitivo e profesional.

Este é o motivo polo cal consideramos decisivo impulsar accións formativas a todos os niveis: desde o monte ata produto final.

No campo da silvicultura precisamos profesionais que coñezan as técnicas adecuadas para o tratamento das masas forestais. Na industria ocorre algo similar: o resultado final depende directamente da calidade dos traballos. Por iso é importante contar con traballadores cualificados,  proactivos e con coñecementos actualizados. En definitiva, ben formados.

E pechamos o círculo co último elo da cadea, o mercado. Para promover o uso da madeira de  coníferas de proximidade é imprescindible mostrar as súas características, ensinar as súas posibilidades con exemplos e difundir a riqueza que xera nas contornas rurais. Porque é necesario coñecer para valorar.

Bases de traballo

  • Potenciar a colaboración entre organismos educativos e o sector forestal
  • Promover a transferencia de coñecemento á industria
  • Impulsar accións formativas na industria de 1ª e 2ª transformación de Galicia
  • Desenvolver estratexias de aprendizaxe baseadas en novas tecnoloxías e innovación

Avances en curso

A misión desta liña estratéxica é transversal. Necesitamos involucrar a todos os actores para mellorar o rendemento da cadea de valor da madeira.

Estamos a comezar a traballar xunto con institucións privadas e públicas no desenvolvemento de programas educativos enfocados a traballadores do sector forestal e da industria de primeira e segunda transformación. Os plans formativos combinarán a parte teórica con prácticas e casos de éxito en empresas do sector porque é esencial que os coñecementos adquiridos trasládense de forma directa ao ámbito profesional.

Coordinaremos os nosos progresos co traballo das demais liñas estratéxicas. En especial, estamos a traballar de xeito conxunto coa liña de marca para comunicar de forma efectiva as vantaxes de traballar con madeira a promotores, deseñadores, técnicos e empresas do sector da construción.

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.