LIÑAS ESTRATÉXICAS

Traballamos en catro áreas crave para impulsar a bioeconomía a partir da madeira de  conífera: un recurso forestal, local e sostible.

Marca

Desde que a loita contra os efectos do cambio climático espertou a responsabilidade da sociedade, a construción sostible volveuse imparable. Neste contexto, a madeira cobra un papel protagonista. Renovable, sostible e de proximidade, a madeira é un material capaz de reducir en gran medida a pegada total de carbono dos edificios durante a súa construción e a súa utilización.

Sabemos que traballar con madeira é fomentar a conservación e o aumento dos bosques. É bioeconomía e sustentabilidade. E tamén unha oportunidade ineludible para impulsar a recuperación dos piñeirais galegos a través da promoción do uso da súa madeira.

Neste sentido, o noso reto principal é difundir as vantaxes que supón traballar con especies locais no deseño de produtos innovadores derivados da madeira. En definitiva, queremos lograr sinerxias entre a prosperidade humana e a protección da nosa riqueza natural.

Bases de traballo

  • Valorizar a madeira de piñeiro de procedencia galega.
  • Comunicar os beneficios ambientais, sociais e económicos do uso de madeiras locais.
  • Activar as sinerxias da cadea de valor da madeira en Galicia.
  • Difundir modelos de éxito con madeira de coníferas locais.

Avances en curso

O primeiro paso foi a organización formal da Fundación. Escoller o nome, poñer en marcha o deseño da identidade corporativa e estruturar a presenza na internet de Arume foron os obxectivos das nosas primeiras reunións de traballo.

Neste proceso contamos coa colaboración de Cenlitrosmetrocadrado, un estudo galego de deseño e comunicación, e de Sond3, especialistas en deseño e desenvolvemento web.

De forma paralela estamos a traballar no desenvolvemento de marca “Piñeiro de Galicia”, un selo impulsado pola Fundación Arume para desenvolver, promocionar e valorar a madeira de conífera de orixe galega.

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.