Integrantes da Fundación Arume
Integrantes da Fundación Arume

A FUNDACIÓN

Unha Fundación creada para innovar no uso da madeira. Declarada como fundación de interese forestal DOGA (26 de febreiro de 2020) e como fundación de interese galego DOGA (11 de maio de 2020).

Presentación

Benvidos á Fundación Arume.

Somos unha fundación impulsada desde o sector forestal galego para fomentar o desenvolvemento do piñeiro na nosa comunidade.

O piñeiro forma parte da nosa contorna social, económica e ambiental. Con todo, nas últimas décadas obsérvase unha perda progresiva de superficie a favor doutras especies forestais. O noso propósito é reverter ese proceso apostando polo I+D en toda a cadea forestal.

A orixe da Fundación Arume está no convenio de colaboración sectorial denominado “Plan integral de dinamización e recuperación de montes de  coníferas e de promoción  do consumo de  madeira de Galicia” asinado o 24 de outubro de 2018 por máis de 50 entidades públicas e privadas.

Ese convenio significou unha firme declaración de intencións da cadea forestal que se consolidou uns meses máis tarde coa constitución da Fundación o 4 de xullo de 2019.

A fundación Arume é un proxecto ilusionante que nos une cun propósito común: xerar valor e emprego cos nosos piñeiros.

Obxectivos

Estes son os obxectivos comúns que nos marcamos:

  • Potenciar a presenza de  coníferas nos montes en cantidade e calidade 
  • Facilitar aos propietarios forestais unha alternativa sostible 
  • Impulsar a  bioeconomía en Galicia a través da madeira, un recurso esencial
  • Fomentar a innovación, o emprendemento e o desenvolvemento rural

Estatutos 

A Fundación é unha organización de interese galego, sen ánimo de lucro. Réxese polos estatutos constituíntes que establecen a estrutura e o funcionamento da institución.

Descargar os estatutos da Fundación Arume
Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.