A Fundación Arume presenta en Bilbao as súas achegas para unha xestión forestal sostible

Expoñeranse os avances en mellora xenética así como as experiencias de restauración de montes degradados e con proxectos de compensación de CO2

A Fundación Arume presenta en Bilbao as súas achegas para unha xestión forestal sostible

A Fundación Arume presentará a vindeira semana en Bilbao as súas achegas para unha xestión forestal sostible, no marco dunhas xornadas nas que se abordarán diferentes modelos que se implementan en distintas partes do mundo.

Francisco Dans, vicepresidente da Fundación Arume, encargarase de presentar os traballos que se están levando a cabo no marco da entidade para favorecer un desenvolvemento sostible. Entre outras cuestións abordaranse os esforzos e avances realizados en mellora xenética para contar con planta de coníferas de calidade. Os traballos con centros de investigación, con viveiros e expertos están permitir dispoñer de exemplares mellores para as plantacións que se están a realizar. 

Outro dos ámbitos nos que a Fundación Arume está a traballar é a restauración de montes degradados, por vía de proxectos de compensación de CO2, como o que se puxo en marcha hai xa un ano coa cooperativa gandeira galega Clun, unha alianza entre o sector forestal e o lácteo que se convertiu nun fito histórico na compensación de emisións en Galicia. 

A xestión forestal sostible en distintos eidos

As xornadas, organizadas dende a Deputación Foral de Bizkaia e que se celebrarán os días 15 e 16, congregarán a expertos chegados de distintos puntos de España así como doutros países. Ademais de presentar distintos modelos de xestión forestal sostible, tanto en montes públicos coma privados, nestas xornadas tamén se abordarán as oportunidades que proporcionan os bosques como motores verdes da nova economía, así coma os servizos ecosistémicos e os retos que supón o cambio climático.

Programa_Jornada Modelos GFS_15 y 16.11.2022_USSE.pdf Programa_Jornada Modelos GFS_15 y 16.11.2022_USSE.pdf
Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.