A Fundación Arume organiza un Encontro para abordar as perspectivas da madeira de piñeiros en Galicia

Pino de Galicia
O obxectivo é ofrecerlle ós propietarios forestais planta de alta calidade, para o que se inicia unha colaboración público – privada con participación de toda a cadea forestal e da madeira
Os viveiros galegos, agrupados en VIFOGA, e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán emprenden un programa de produción de planta de alto valor xenético
A actuación desenvólvese en colaboración coa Consellería do Medio Rural e non ten custo para os propietarios. Os interesados poden contactar coa Fundación para solicitar a aplicación dos tratamentos
As coníferas galegas encarecéronse arredor de 5 euros / tonelada na primeira metade do 2021, con perspectivas de que continúen as subas de prezo no segundo semestre do ano.
Propietarios forestais e industria da madeira están ante a oportunidade de consolidar unha mellora estrutural para o piñeiro, máis alá da situación coxuntural favorable.
A cooperativa Clun, por medio dun convenio coa Fundación Arume, está a contribuír á recuperación ambiental de bosques afectados por incendios forestais.
Neste vídeo, recóllense todas as intervencións e ponencias presentadas na xornada que organizou Abanca para abordar as posibilidades de investimento no monte, no marco da compensación de emisións de CO2 e da bioeconomía.
A xornada celebrouse o pasado decembro, con participación de destacados expertos e técnicos.
O viveiro xestionado pola Xunta en Bértoa (Carballo) xa dispón de semente de piñeiros resistentes ó nematodo. Esa semente pódeselle facilitar a viveiros forestais coa garantía dun control fitopatolóxico estricto. Polo tanto, os propietarios poden solicitarlle ós viveiros estas plantas, que irán identificadas cunha etiqueta rosa.
A Fundación Arume e a cooperativa CLUN veñen de asinar un convenio de colaboración polo que se comprometen a impulsar de xeito conxunto proxectos forestais. A alianza entre o sector forestal e o sector lácteo constitúe un fito histórico e inicia o camiño para que as empresas galegas compensen as súas emisións de CO2 con investimentos no monte, que como é sabido, actúa de sumidoiro do dióxido de carbono atmosférico. Estes investimentos contribuirán a mitigar o cambio climático e á prevención de incendios en Galicia.
Unha xornada organizada por Abanca Agro, en colaboración coa Fundación Arume, abordou a oportunidade que representa a descarbonización da economía para o monte galego. O evento serviu para poñer de manifesto que as empresas interesadas en compensar as súas emisións de CO2 teñen a posibilidade de investir en proxectos de restauración de montes en Galicia, unha liña con grandes expectativas para os próximos anos.