Piñeiros resistentes ó nematodo, dispoñibles para a súa comercialización en viveiros

O viveiro xestionado pola Xunta en Bértoa (Carballo) xa dispón de semente de piñeiros resistentes ó nematodo. Esa semente pódeselle facilitar a viveiros forestais coa garantía dun control fitopatolóxico estricto. Polo tanto, os propietarios poden solicitarlle ós viveiros estas plantas, que irán identificadas cunha etiqueta rosa.

A investigación que levou á obtención destas sementes desenvolveuse no Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que seleccionou un grupo de familias de piñeiro con ampla supervivencia á enfermidade. Estas familias incluíronse no Catálogo Nacional de Materiais de Base como 6 proxenitores de familias.

A supervivencia ó nematodo do material catalogado como resistente é dun 78%, fronte ó 61% de supervivencia media nos estudos realizados polo CIF Lourizán. O nematodo do piñeiro, unha praga moi extendida en Portugal e detectada tamén no sur de Pontevedra, pode provocar un rápido murchamento da conífera e a morte da árbore en poucos meses ou incluso semanas.

Cos piñeiros resistentes obtidos polo CIF Lourizán aumentan as garantías para o propietario, que ademais tamén se pode beneficiar do feito de que estas plantas demostraron unha maior produtividade en madeira que a media da planta comercial en Galicia. A partir de parcelas medidas polos investigadores, estímase que estes piñeiros poden producir arredor de 278 euros por hectárea e ano, fronte ós 240 euros de media da planta comercial convencional.

Máis información:

Díptico sobre as familias de piñeiro resistentes ó nematodo.

Piñeiros resistentes ó nematodo no CIF Lourizán.
Piñeiros resistentes ó nematodo no CIF Lourizán.
Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.