control banda
Galicia precisa dobrar a superficie plantada cada ano con coníferas para deter a regresión dos piñeirais, un ecosistema clave a nivel social, ambiental e de transformación de valor no país

Galicia precisa dobrar a superficie plantada cada ano con coníferas para deter a regresión dos piñeirais, un ecosistema clave a nivel social, ambiental e de transformación de valor no país

A Fundación Arume advirte da necesidade de manter a moratoria do eucalipto ata o 2030 para evitar o colapso da cadea monte - industria do piñeiro 

No Eixo Atlántico da Península Ibérica, tanto en Galicia como en Portugal, estase a producir unha importante regresión dos piñeirais nas últimas décadas. No caso galego, perdéronse arredor de 140.000 hectáreas de piñeirais nos últimos 15 anos (Datos do Inventario Forestal Continuo de Galicia), ata quedar 446.000 hectáreas (Dato 2023). As plantacións de coníferas que se fan cada ano, malia ir en ascenso, demóstranse insuficientes para deter esa regresión.

Galicia precisa dobrar a superficie plantada cada ano con coníferas para deter a regresión dos piñeirais, un ecosistema clave a nivel social, ambiental e de transformación de valor no país

No último ano, comercializáronse na comunidade 7.184.000 unidades de planta de coníferas, nas tres principais especies: 3.384.000 de piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), 2.917.000 de piñeiro radiata e 882.000 de piñeiro silvestre.

Son cifras similares ás do 2023, cando se comercializaran un total de 7.201.000 unidades de planta de coníferas, o que consolida unha evolución positiva, aínda que insuficiente, das plantacións de piñeiro en monte. 

Se atendemos á evolución de planta vendida polos viveiros forestais galegos, no 2018, ano anterior á creación da Fundación Arume, só se comercializaran 524.000 unidades de planta de coníferas. No 2019, a cifra xa subira a 4,6 millóns e nos últimos cinco anos mantívose un crecemento progresivo, ata os niveis do 2023 e 2024, con arredor de 7,2 millóns de plantas comercializadas.

Galicia precisa dobrar a superficie plantada cada ano con coníferas para deter a regresión dos piñeirais, un ecosistema clave a nivel social, ambiental e de transformación de valor no país

Con esa planta, estímase que nos dous últimos exercicios plantáronse na comunidade arredor de 5.700 hectáreas / ano de coníferas. A esa cifra hai que sumarlle a superficie que se rexenera de xeito natural tras corta, facendo selección das plantas que nacen en monte.

A cuestión é que a superficie que se planta de piñeiro, sumada á que se rexenera de xeito natural, sitúase por baixo da superficie de piñeiral que se perde cada ano, ben por cortas, enfermidades ou incendios.

Os datos demostran que Galicia precisa, cando menos, dobrar as plantacións anuais de piñeiro para deter a regresión dos piñeirais, pois nos últimos 15 anos a comunidade perdeu unha media de 9.300 hectáreas / ano.

Aumento da superficie de eucalipto e moratoria

A Fundación Arume considera ademais imprescindible que o apoio ás coníferas se combine coa prórroga da actual moratoria do eucalipto, que remata en decembro deste ano, pois o levantamento da moratoria agravaría a perda de superficie dos montes de piñeiro, un ecosistema clave a nivel social, ambiental e económico. 

Desde a entidade lémbrase que cando se estableceu a actual moratoria do eucalipto, no ano 2021, un dos obxectivos recoñecidos pola Xunta de Galicia era cumprir cunha das directrices marcadas no Plan Forestal de Galicia 2021-2040: o de rebaixar nun 5% a superficie de eucalipto no horizonte do 2040, o que implicaría reducir a súa presenza nunhas 20.000 hectáreas. 

En lugar diso, estase constatando que o eucalipto continúa a aumentar a súa superficie ano a ano. Do 2022 ó 2023 medrou en 6.000 hectáreas (1,4%), ata chegar a 419.000 hectáreas, e os datos provisionais apuntan a que no 2024 se chegou ás 430.000 hectáreas de eucalipto (+11.000).

Por ese motivo, a Fundación entende que resulta fundamental prorrogar a moratoria do eucalipto polo menos 5 anos máis, acompañando esa norma da vixilancia necesaria sobre o terreo para garantir o seu cumprimento. Sobre aqueles terreos nos que se detecte un incuprimento da moratoria, Arume considera que cómpre actuar para restituílos ó seu estado anterior.

Relevancia da cadea monte – industria de coníferas

A Fundación Arume lembra asimesmo a importancia da cadea de valor do piñeiro en Galicia. Integrada por arredor de 120 aserradoiros e 7 plantas de taboleiro, a cadea industrial do piñeiro xera dous terzos dos case 3.000 millóns de euros de facturación que representa o sector forestal – madeira en Galicia. 

É unha cadea que ten ademais especial relevancia no medio rural, xerando economìa e emprego nese territorio (empresas de servizos forestais, viveiros, serradoiros, industria do taboleiro e segunda transformación da madeira).

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.