Xornada técnica de construción en madeira
Como complemento ó encontro Piñeiros 25, que se desenvolverá o martes 28 de outubro na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), a Fundación Arume programou dúas xornadas técnicas para o xoves 30, unha sobre enfermidades de coníferas, que se desenvolverá no CIF Lourizán, e outra sobre construción en madeira, que se desenvolverá en Casa RIA (Santiago de Compostela).
A xornada técnica de Casa RIA oriéntase a un perfil profesional ligado á arquitectura, deseño e construción. Polas características da xornada e as limitacións de aforo, a asistencia só é posible con convite previo.
O programa da xornada é o seguinte:
09.30. Benvida e recepción de asistentes.
10:00 – 10:45. Intervención a cargo de Adrián Capelo (Arquitecto, Fundación RIA).
Presentación sobre a Fundación RIA e sobre as actividades relacionadas co manexo sostible do territorio, en colaboración coas comunidades locais.
10:45 – 11:30. Intervención de Cazú Zegers (Arquitecta. Fundadora e directora do estudo Cazú Zegers).
Intervención sobre os proxectos de construción en madeira do estudo.
11:30 – 12:00. Pausa café._
12:00 – 14:00. Mesa redonda con estudos de arquitectura galegos:
- Arrokabe
- Salgado e Liñares
- Cambium Estudo
- Gramática Arquitectónica