Xornada sobre planta forestal mellorada en Galiforest
A Fundación Arume presentará en Galiforest un balance sobre a obtención de planta forestal mellorada, unha das liñas de traballo da entidade
A Fundación Arume presentará en Galiforest (Sergude, Boqueixón) un balance sobre a obtención de planta forestal mellorada, unha das liñas de traballo da entidade. En concreto, a presentación celebrarase o xoves, día 30 de xuño, en quenda de mañá, de 11:00 a 13:00 horas na carpa auditorio da feira.
A sesión será unha mesa redonda que estará moderada por Enrique Martínez Chamorro, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e na que participarán:
- Isabel Álvarez (Braña SCL)
- Enrique Fandiño (xerente de Hifas Foresta)
- Margarita Fraga (directora técnica de Cultigar, Fundación Paideia)
- Francisco Lario (responsable de proxectos MFR Tragsa).
- José Martel (xefe do servizo de Saúde e Vitalidade do Monte. Dirección Xeral de Ordenación e Planificación Forestal).
A xornada conta co apoio da Consellería de Medio Rural. Ademais, no marco de Galiforest celebrarase tamén unha sesión sobre a marca Pino de Galicia.