O encontro transnacional de Mondariz asenta as bases de futuro dos montes de piñeiro do país

Investigadores, asociacións de propietarios forestais, empresas de servizos e cadea industrial perfilan durante dous días en Mondariz o camiño para a recuperación dos montes de ‘Pinus pinaster’ en Galicia e Norte de Portugal

O encontro transnacional de Mondariz asenta as bases de futuro dos montes de piñeiro do país

Arredor de 40 profesionais do sector forestal e do ámbito científico xuntáronse durante dous días en Mondariz nun encontro que partía cun reto ambicioso, o de deseñar a folla de ruta para o piñeiro do país (‘Pinus pinaster’) nas próximas décadas.

Logo de anos de regresión en monte, por factores como os lumes, a expansión do eucalipto ou a ameaza da praga do nematodo, o piñeiro do país está a invertir esa tendencia, volvendo a gañar protagonismo.

A meteórica suba de prezo que experimentou a madeira de piñeiro no 2021 – 2022, unida á moratoria do eucalipto e ós avances na mellora xenética da planta de ‘Pinus pinaster’ son algúns dos motivos que explican ese cambio de tendencia. Pero como continuar a recuperación dos montes de piñeiro do país?.

A Asociación Forestal de Galicia quixo dar respostas a esta cuestión nun encontro transnacional Galicia – Norte de Portugal no que confluíron o ámbito científico e a xestión operativa en monte, con participación de centros de investigación, universidades, empresas de servizos forestais e industria da madeira. O encontro contou co patrocinio da Fundación Arume, da Consellería do Medio Rural e de Abanca.

O encontro transnacional de Mondariz asenta as bases de futuro dos montes de piñeiro do país

O escenario de mercado a curto e medio prazo é positivo para o piñeiro, pois a demanda de madeira de coníferas vai ser moi superior á oferta, como xa se viviu no 2021 e 2022, pero hai que ter en conta tamén riscos para os montes de piñeiro, como o cambio climático, pragas e enfermidades ou lumes.

O desafío futuro é a produción de madeira en cantidade e calidade suficiente, un aspecto, o da calidade, para o que son fundamentais a mellora xenética e a silvicultura.

  • Consulta e descarga todas as presentacións

OS RECURSOS DA MELLORA XENÉTICA

Os avances en mellora xenética de Pinus pinaster

Raquel Díaz (CIF de Lourizán).

PRESENTACIÓNS SOBRE DIFERENTES TEMAS:

Capacidade de produción de planta mellorada e demanda

Francisco Lario (Tragsa). Francisco Lario (Tragsa). Pedro Teixeira (CentroPINUS).

Situación actual e evolución do recurso en Galicia e Portugal

Juan Picos (UVigo).

Produción e demanda actual e futura de madeira de piñeiro no mercado

Tiago Almeida (CentroPINUS). Ismael Olveira (Fundación Arume).

Esixencias tecnolóxicas da madeira e compatibilidade con aproveitamentos resineiros

Sofía Knapic (SERQ). David Lorenzo (Fundación Arume). Enrique Martínez (CIF de Lourizán).

Defectos en plantacións. Curvatura basal 

Francisco Lario (Tragsa) e Braulio Molina (Selga S.L.).

Rexeneración natural e incorporación de material mellorado

Xosé Covelo (AFG).

PREVENCIÓN E XESTIÓN DE RISCOS

A incidencia e evolución do nematodo

Edmundo Sousa (INIAV).

Outras patoloxías e danos bióticos en piñeirais

Olga Aguín (EF Areeiro).

PRESENTACIÓNS DE DIFERENTES TEMAS: 

A silvicultura na zona de afección do nematodo

Julia Pérez (DXGAIA).

Compatibilidade con gando e fauna salvaxe

Antonio Rigueiro (USC) e Braulio Molina (Selga S.L.).

Problemas actuais e futuros ante riscos climáticos

Rafael Zas (MBG. CSIC).

SOSTIBILIDADE E SERVIZOS ECOSISTÉMICOS

Normativas europeas relacionadas coa xestión forestal sostible

Edurne Lacalle (USSE).

O manexo da auga e o tratamento dos mananciais

Antonio del Campo (U. Valencia).

PRESENTACIÓNS E DEBATES SOBRE DIVERSAS TEMÁTICAS:

Calidade do solo (conservación e fertilidade)

Cristina Fernández (CIF de Lourizán).

Capacidade de captación de CO2 en piñeirais

Felipe Macías (USC).

Indicadores ambientais en piñeirais e biodiversidade

Odón López (DXPOF).

Os piñeirais en espazos dunares, conservación e uso social

Rui Rosmaninho (ICNF).

Viabilidade de diferentes modelos silvícolas

Ulises Diéguez (USC).

Incentivos actuais e novas propostas de axudas

Susana Carneiro (CentroPINUS). Jacobo Feijóo (ASEFOGA).
O encontro transnacional de Mondariz asenta as bases de futuro dos montes de piñeiro do país

Visitas a parcelas de ensaio e monte demostrativo

Como parte deste encontro, fixéronse diversas visitas a montes de piñeiro no sur de Pontevedra. Un dos percorridos foi nunha parcela de ensaios de ‘Pinus pinaster’ ubicada no monte veciñal de Soutelo (Salceda de Caselas), instalada no 2021 de xeito conxunto polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Asociación Forestal de Galicia.

Trátase dunha parcela na que se están ensaiando un total de 12 xenotipos resistentes ó nematodo do piñeiro e na que se están facendo comparacións entre a planta mellorada en Galicia, a identificada (sen mellora), e a mellorada en Portugal e en Francia. É unha parcela instalada hai dous anos, polo que aínda non hai unhas primeiras conclusións, se ben o comportamento da planta galega mellorada e da portuguesa está a destacar.

O encontro transnacional de Mondariz asenta as bases de futuro dos montes de piñeiro do país

Outra das visitas técnicas foi ó monte demostrativo de Mouriscados (Mondariz), impulsado pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración coa comunidade de montes veciñais de Mouriscados (Mondariz). No monte demostrativo de Mouriscados visitáronse traballos de plantación con planta mellorada, procedente de multiplicación vexetativa por estaquilla, así como unha plantación experimental de 2,7 hectáreas de planta resistente ó nematodo do piñeiro.

O percorrido polo monte veciñal de Mouriscados concluíu nunha zona na que, tras un recente incendio, restauráronse antigos bancais. É un traballo que se fixo con material controlado de ‘Pinus pinaster’, acompañado de rexeneración natural, e de franxas de bidueiros en determinadas zonas.

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.