control banda
A Fundación Arume asina cun convenio coa Consellería de Economía para a dinamización e promoción do sector da madeira

A Fundación Arume asina cun convenio coa Consellería de Economía para a dinamización e promoción do sector da madeira

O presidente do Padroado da Fundación Arume, Xosé Mera, vén de asinar un convenio de colaboración coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O acordo permitiralle a Arume desenvolver accións de dinamización e promoción do sector da madeira a través de encontros, xornadas e material divulgativo.

A través deste convenio, cofinanciarase o evento Piñeiros 25, que se desenvolverá este ano o 28 de outubro na Cidade da Cultura, con dúas xornadas técnicas complementarias o 30 de outubro no Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) e en Casa RIA (Santiago de Compostela).

Desde a Fundación Arume, o seu presidente, Xosé Mera, expresoulle o agradecento pola colaboración tanto á conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, como ó director de XERA Axencia Galega da Industria Forestal, Alfredo Fernández Ríos.

Por parte da Consellería, Lorenzana destacou que o forestal representa o 12 % do emprego industrial en Galicia e o 2 % do emprego total da comunidade, cunha facturación que supera os 2.400 millóns de euros anuais e con preto de 3.000 empresas distribuídas por toda a xeografía galega.

Lorenzana pon en valor o papel da cadea Monte-Industria na economía galega na asinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume
Lorenzana pon en valor o papel da cadea Monte-Industria na economía galega na asinatura do convenio de colaboración coa Fundación Arume
Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.