control banda
A Fundación Arume presenta o programa de ‘Piñeiros 26’, o encontro anual da cadea monte industria, con Finlandia como país convidado

A Fundación Arume presenta o programa de ‘Piñeiros 26’, o encontro anual da cadea monte industria, con Finlandia como país convidado

• O país escandinavo destaca polos seus bosques boreais, conformados en arredor dun 90% por coníferas, e pola súa tradición de construción en madeira

• O  foro contará con tres bloques temáticos principais, nos que se abordará a potencialidade da madeira na promoción de vivendas, os retos da xestión conxunta do monte e a vinculación do piñeiro coa identidade cultural galega
 
A Fundación Arume presenta o programa de Piñeiros 26, a sexta edición do encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá o martes 20  de outubro na Cidade da Cultura de Santiago (Edificio Fontán).  

Este ano, Piñeiros 26 contará con Finlandia como país convidado, con ponentes que explicarán as claves forestais, industriais e da arquitectura en madeira no país escandinavo. Finlandia destaca pola súa riqueza forestal, con bosques boreais nos que as coníferas son as protagonistas, principalmente o piñeiro silvestre e os abetos, que ocupan arredor do 90% das masas boscosas, en tanto as frondosas caducifolias, sobre todo os bidueiros, ocupan o 10% restante.

Esa riqueza forestal correspóndese cunha importante tradición de construción con estruturas de madeira, así como cunha potente industria de aserrado ligada á carpintería e interiorismo. 

Sesión inaugural con Antón García Abril

O foro contará cunha sesión inaugural na que está prevista a intervención de Antón García Abril, un arquitecto multipremiado que se caracteriza pola innovación tecnolóxica e de tipoloxías, contando con numerosas obras de referencia internacional. García Abril é ademais profesor titular na Escola de Arquitectura e Planificación do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), combinando a práctica da profesión coa academia.

A esta sesión inaugural seguiranlle tres bloques temáticos principais, que abordarán o papel da construción en madeira na promoción de vivendas, o asociacionismo no monte e a vinculación do piñeiro coa identidade cultural. O foro conta coa colaboración Abanca, a Fundación Juana de Vega, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Esterea, e o Instituto Forestal Europeo.

PROGRAMA DE PIÑEIROS

8:45 - 9:30 Recepción de asistentes

9:30 Benvida e inauguración
Xosé Mera,
presidente da Fundación Arume. Representante institucional.

10:00 Sesión inaugural
Antón García-Abril,
Profesor Catedrático no MIT na Escola de Arquitectura e Urbanismo.

10:30 A madeira como resposta, solucións reais ao desafío da vivenda
Modera: Teresa Táboas, Secretaria Xeral da International Union of Architects (UIA).
Presentación inicial: Selina Anttinen, Anttinen Oiva Architects (AOA).
Participan:
David Martínez, Director de Desarrollo Inmobiliario MERLIN Properties.
María Teresa Verdú, Directora Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura, Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.

11:45 Pausa café

12:15 Mover os marcos, novos modelos para a xestión da propiedade forestal
Modera: Inazio Martínez, Xefe do Equipo de Innovación Forestal da EFI (European Forest Institute).
Presentación inicial: Kalle Ikonen, Director de Asuntos Corporativos Metsä Group.
Participan:
Daniel Rodríguez, Director Económico da AFG (Asociación Forestal de Galicia).
Pedro Gomes, Director Executivo e Coordinador de BALADI (Federação Nacional dos Baldios, Portugal).
María José Sueiro Damil, Propietaria forestal particular na Xironda (Cualedro).

13:30 Xantar

15:30 A memoria do monte: historia e evolución do territorio en Galicia e Finlandia
Modera: Ana Cabana, Profesora titular do Departamento de Historia e Vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC.
Presentación inicial: Jan Kunnas, Doutor en Historia e Civilización, Investigador Senior na Universidade do Leste de Finlandia.
Participan:
Xesús Balboa, Profesor titular de Historia Contemporánea na USC e membro do Grupo HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural).
Ana Blanco, arquitecta e urbanista, @Miradenovo.

16:45 Acto de clausura
Representante institucional

Sobre a Fundación Arume

A Fundación Arume, entidade declarada de interese para o desenvolvemento forestal de Galicia, está integrada polo conxunto da cadea forestal -madeira da comunidade: asociacións de propietarios forestais, empresas de servizos e enxeñaría, viveiros, serradoiros, fabricantes de taboleiro, Universidade de Vigo e Abanca-. A Fundación traballa a prol do desenvolvemento do territorio, da súa multifuncionalidade, resilencia e biodiversidade.

Mover arriba

Uso de cookies

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.